8/11/07

Comunicado > plataforma de veciños de Mehá

COMUNICADO E CONVOCATORIA

A plataforma de veciños de Mehá, comunica a raíz das novas aparecidas nos diferentes medios de comunicación, o seguinte:

1.- A licencia outorgada no día de onte á Regasificadora do Noroeste, S.L., non legaliza a súa construcción nin a súa actividade.

Recordamos que o sistema democrático imperante no Estado español se basa na separación de poderes, impartindo a xustiza o poder xudicial non a Administración.

A día de hoxe, dúas setencias emanadas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nos dan a razón anulando todo o proceso por non ter o estudo de impacto ambiental. Sentencias recurridas pola Xunta de Galicia e Reganosa ante o Tribunal Supremo, e que esta pendente de resolución.

2.- Que a licencia definitiva de actividade ten que ser concedida polo Concello de Mugardos, situación que a día de hoxe, aínda non se produxo, polo tanto esperamos que no último acto o Alcalde e o seu grupo de goberno sexa sensible á legalidade e a xustiza social non concedendo esa licencia, polo menos ata que se resolva o recurso que ten interposto a Xunta de Galicia e Reganosa ás sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

3.- Que as/os veciñas/os pechadas/os no Concello de Mugardos, celebrarán unha Asamblea Aberta a tódalas persoas e entidades que defenden a ilegalidade da planta de gas, na súa ubicación actual, o sábado, día 10 de novembro, ás 17:00h., esperando o seu remate para as 18:00h. Hora na que se celebrará unha rolda de prensa, na que participará a presidenta da Plataforma de Vecinos/as de Mehá, Luz Marina Torrente.

Á asamblea Aberta asistiran entre outros:

Patricia Gabeiras, avogada do Comité de Emerxencia; Carmelo Teijeiro, Comité Cidadán de Emerxencia; Xan Mª Castro, secretario xeral do S.N. de CC.OO. de Galicia; Ramiro Otero, secretario xeral da Federación de Transportes e Comunicacións; Lola Gonzalez, secretaria de organización da Federación de servicios sociosanitarios de CC.OO. de Galicia; Xulio Abelleira, secretario xeral da U.C. de CC.OO. de Ferrol; Mabel Rivera e Enrique Banet, autores do documental « O salario do silelncio »;

Xosé Manuel Beiras, membro da executiva nacional do B.N.G.; Lino Braxe, actor, Xurxo Souto, actor, Eva Veiga, escritora;Humberto Fidelgo, ADEGA;Pilar Díaz, concelleira de E.U.-I.U. en Mugardos;Colectivo Verdegaia, S.G.H.N.;Manuel Del Río, Asociación de Amigos del Ferrocarril; José María Freire,U.S.T.G.; Rosa Méndez, escritora, Pepe Leira, poeta;Pepe Costela, cantante; Faltriqueira, grupo musical; Os cubatas de Focking, cantantes; Os Cempés, grupo musical; Pulpiño Viascon e Tourn Flores, grupo musical; A revolta, asociación cultural; diferentes membros de Burla Negra,e diversos colectivos sociais, culturais, ecoloxistas,etc..

Mugardos, 8 de novembro de 2007

Presidenta da Plataforma de Veciñas/os de Mehá

Asdo. Luz Marina Torrente